Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Computación Distribuída
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exames compostos por unha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que o alumno deberá contestar na aula de forma individual. 60 A2
A4
A5
B8
C24
Informe de prácticas Informe detallado das tarefas realizadas durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. 5 A2
A4
B8
C24
Práctica de laboratorio Calificación do traballo levado a cabo polos estudantes durante a realización das prácticas de laboratorio levadas a cabo en grupo. Nivel de involucramento, participación nas mesmas, e funcionamiento do trabajo levado a cabo 35 A2
A4
A5
B8
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os estudantes, en primeira oportunidade, poden decidir ser avaliados segundo un modelo de avaliación continua ou ben por avaliación única. O feito de presentarse ao primeiro exame de avaliación continua implica optar por este modelo de avaliación (en caso contrario óptase polo modelo de avaliaciión única). Unha vez os estudantes opten polo modelo de avaliación continua a súa cualificación non poderá ser nunca "Non presentado". Para segunda oportunidade os estudantes serán avaliados utilizando l modalidade de "avaliación única". As notas obtidas en primeira oportunidade no se conservan para segunda oportunidade.

Nos estará permitido o plaxio nen a copia.

1- AVALIACIÓN CONTINUA

Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos. A cualificación será o resultado de sumar as cualificacións recibidas en cada unha das partes seguintes:

  • Exame escrito 1:
    • Datas: Antes da metade do cuatrimestre
    • Individual
    • Contidos: Impartidos en teoría ata ese momento
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 2 puntos
  • Exame escrito 2:
    • Datas: Calendario oficial (coincidindo co exame da avaliación única para aqueles que optasen por esa modalidade)
    • Individual
    • Contidos: Impartidos en teoría ata ese momento exceptuando os que xa foron avaliados no exame escrito 1.
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 4 puntos
  • Prácticas:
    • Datas: Dende a 3ª semana ata a 11ª semana
    • En grupo
      • Informes/memorias
        de prácticas e Práctica de laboratorio: Asignarase unha calificación
        persoalizada a cada membro do grupo segundo o seguinte algoritmo:
Nota final práctica = (Memoria + Práctica) * Factor de ponderación
Nota máxima Memoria = 0.5 puntos
Nota máxima Práctica = 3.5 puntos
Factor de ponderación = (Observación do profesor + Avaliación por pares) / 20
Observación do profesor: Do traballo realizado por cada alumno observado polo profesor na aula (0-10).
Avaliación
por pares: Dentro de cada grupo. Cada alumno puntúa aos seus compañeiros en
relación ao traballo aportado (0-10).  Faise unha media aritmética para
cada alumno.
    • Puntuación máxima = 4 puntos

2- AVALIACIÓN ÚNICA

Para poder superar a materia requírese unha cualificación mínima de 5 puntos.

  • Exame teórico escrito:
    • Datas: Calendario oficial
    • Individual
    • Contidos: Impartidos no global da parte teórica da materia.
    • Tipo: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test 
    • Puntuación máxima = 6 puntos
  • Exame práctico escrito e entrega da práctica:
    • Datas do exame: Calendario oficial
    • Datas de entrega da práctica: Antes do exame (coas posibles modificacións que se especifiquen no seu momento en relación ao proposto).
    • Individual
    • Contenidos do exame: Relativos á parte práctica da asignatura
    • Tipo de exame: Serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test
    • Puntuación máxima = 4 puntos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000