A documentación da materia atópase en inglés.
As horas presenciais da materia poderanse impartir indistintamente en calquera das tres linguas de impartición da materia.
Os obxectivos que se perseguen con esta materia son:
- Coñecer os métodos de codeseño de aplicacións baseadas en microprocesadores encaixados en FPGAs.
- Coñecer os microprocesadores que se poden implementar nas FPGAs comerciais.
- Manexar as ferramentas “software” necesarias para o desenvolvemento de aplicacións encaixadas mediante FPGAs.
- Deseñar periféricos de aplicación específica e a súa conexión aos buses dos microprocesadores encaixados.
- Realizar sistemas dixitais de aplicación real con microprocesadores encaixados en FPGAs.