Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sensores electrónicos avanzados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. A nota final do traballo (NTT: Nota do Traballo Tutelado) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Neste traballo avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG9, CE63, e CT4. 50 B3
B4
B9
C63
D4
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante durante as sesións no laboratorio. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e a calidade do traballo desenvolvido. A nota final de prácticas (NFP: Nota Final de Prácticas) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas prácticas avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG9, CE63, e CT4. 30 B3
B4
B9
C63
D4
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase o proxecto tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, así como da presentación e análise dos mesmos. A nota final de proxecto (NTG: Nota do Proxecto en Grupo) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta actividade avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG9, CE63, e CT4. 20 B3
B4
B9
C63
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

Enténdese que os alumnos que asistan con regularidade a clases de teoría (menos dun 10% de ausencia inxustificada ás sesións maxistrais), ou que falten como máximo a 1 sesión de prácticas de laboratorio, ou que falten como máximo a 1 sesión do proxecto en grupo optan pola avaliación continua da materia. A asistencia dos estudantes a cada sesión será rexistrada nunha folla de firmas.

A materia divídese en tres partes: teoría (50%), prácticas de laboratorio (30%) e proxecto (20%). As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final dun estudante que escolla esta vía no poderá ser "non presentado".

1.a Teoría.

Nas primeiras semanas do curso encargaráselle a cada alumno, individualmente, que realice un traballo tutelado sobre unha temática relacionada coa materia. Para avaliar o traballo teranse en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. O prazo de entrega da devandita memoria será debidamente programado e informado o profesorado da materia. A nota deste traballo (NTT: Nota do Traballo Tutelado) valorarase de 0 a 10. O alumno que non entregue o traballo ou non o presente no día indicado terá unha nota NTT = 0.

A nota final desta parte será:

NFT (Nota Final de Teoría) = NTT (Nota do Traballo Tutelado).

Para superar a parte de teoría por avaliación continua o alumno terá que obter una nota NFT >= 5 e non haber faltado inxustificadamente a máis dun 10% das sesións maxistrais.

1.b Práctica

Realizaranse 6 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos e unha saída de estudo.

A valoración da parte práctica
farase de maneira individual para cada membro do grupo. Terase en conta
o traballo individual de preparación previa, a asistencia e o traballo
desenvolvido por cada estudante durante as sesións.

Na primeira sesión no laboratorio farase a práctica 1. Valorarase cunha nota (NP1: Nota da Práctica 1) entre 0 e 10 puntos.

Nas restantes sesións no laboratorio farase un traballo práctico relacionado coas maquetas de sensores dispoñibles. Este traballoo será avaliado en función da calidade dos
resultados obtidos, da análise dos mesmos, así como da presentación final realizada. O traballo valorarase cunha nota (NTP: Nota do Traballo de Prácticas) de 0 a
10 puntos.

A saída de estudo valorase cunha nota (NSE: Nota de Saída de Estudo) de 0 a 10 puntos.

A nota final desta parte será a suma ponderada das notas de cada parte:

NFP(Nota Final de Prácticas) = 0,15·NP1 + 0,75·NTP + 0,10·NSE

Para superar a parte de prácticas por avaliación continua o alumno só poderá faltar a 1 sesión de laboratorio, e só se se trata dunha falta debidamente xustificada.

1.c Proxecto en grupo

O traballo presencial levarase a cabo nas sesións de horas tipo C. Na primeira sesión presentaranse todas as actividades a realizar e asignarase o proxecto concreto a cada grupo de estudantes. Nestas sesións o profesor seguirá o desenvolvemento do traballo de cada grupo e o traballo individual de cada alumno.

O proxecto será avaliado en función da calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da calidade da memoria final realizada. O prazo de entrega da memoria será debidamente programado e informado polo profesorado da materia. O proxecto valorarase cunha nota (NPG: Nota do Proxecto en Grupo) de 0 a 10 puntos.

Para superar esta parte por avaliación continua o estudante non poderá faltar a máis de 1 sesión, e só se se trata dunha falta debidamente xustificada.

1.d Nota final da materia

Para poder aprobar a materia por avaliación continua será imprescindible:

+ obter unha nota NFT >= 5, e

+ non faltar a máis de 1 sesión de prácticas de laboratorio, e

+ non faltar a máis de 1 sesión do proxecto en grupo.

Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte. Na nota final (NF), a nota final de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota final de prácticas (NFP) do 30% e a nota do proxecto en grupo (NPG) do 20%.

NF = 0,50·NFT + 0,30·NFP + 0,20·NPG

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF >= 5.

Con todo, cando:

+ NFT < 5, ou

+ o alumno faltou a máis de 1 sesión de prácticas de laboratorio, ou

+ faltou a máis de 1 sesión do proxecto en grupo,

a nota final (NF) será o mínimo das notas obtidas no tres partes.

NF = min{ NFT, NFP, NPG }

2. Avaliación única

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar:

+ unha proba teórica se faltaron inxustificadamente a máis dun 10% das sesións maxistrais,

+ un traballo teórico tutelado previamente asignado e entregar unha memoria final sobre o mesmo,

+ unha proba práctica no laboratorio se non superaron a parte práctica por avaliación continua,

+ un proxecto previamente asignado.

Para a asignación do traballo teórico tutelado e do proxecto o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

2.a Teoría.

2.a.1 Proba teórica

Para superar a parte de teoría, será necesario que o alumno non faltase inxustificadamente a máis dun 10% das sesións maxistrais. En caso contrario, terá que presentarse a unha proba teórica que constará dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. A nota desta proba (NPT: Nota da Proba Teórica) valorarase de 0 a 10 puntos.

2.a.2 Traballo teórico tutelado

Para avaliar o traballo teórico tutelado teranse en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. A nota deste traballo (NTT) valorarase de 0 a 10 puntos.

2.a.3 Nota final de teoría

A nota final de teoría (NFT) será:

NFT = NTT (Nota do Traballo Tutelado) se non se faltou inxustificadamente a máis dun 10% das sesións maxistrais.

NFT = NPT (Nota da Proba Teórica) se se faltou inxustificadamente a máis dun 10% das sesións maxistrais e NTT >= 5.

NFT = 0 en calquera outro caso.

2.b Práctica

Para superar a parte práctica, será necesario que o alumno non faltase a máis dunha das sesións de prácticas. En caso contrario, terá que presentarse a unha proba práctica realizada no laboratorio. Esta proba consistirá na montaxe dalgúns dos de circuítos tratados nas sesións de prácticas e nunha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test acerca de devanditos circuítos. A nota desta proba (NPP: Nota da Proba Práctica) valorarase de 0 a 10 puntos.

A nota final de prácticas (NFP) será:

NFP = 0,15·NP1(Nota da Práctica 1) + 0,75·NTP(Nota do Traballo de Prácticas) + 0,10·NSE(Nota de Saída de Estudo) si non se faltou a máis dunha das sesións de prácticas.

NFP = NPP (Nota da Proba Práctica) se se faltou a máis dunha das sesións de prácticas.

NFP = 0 en calquera outro caso.

2.c Proxecto

Para avaliar o proxecto teranse en conta a calidade dos resultados obtidos, así como da presentación e análise dos mesmos. O proxecto valorarase cunha nota (NPG: Nota do Proxecto en Grupo) de 0 a 10 puntos.

2.d Nota final da materia

Para aprobar a materia será imprescindible:

+ obter unha nota NFT >= 5, e

+ non faltar a máis de 1 sesión de prácticas de laboratorio ou NFP >= 5, e

+ non faltar a máis de 1 sesión do proxecto en grupo ou NPG >= 5.

Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte. Na nota final (NF), a nota final de teoría (NFT) terá un peso do 50%, a nota final de prácticas (NFP) do 30% e a nota do proxecto en grupo (NPG) do 20%.

NF = 0,50·NFT + 0,30·NFP + 0,20·NPG

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF >= 5.

Con todo, cando:

+ NFT < 5, ou

+ NFP < 5 e o alumno faltou a máis de 1 sesión de prácticas de laboratorio, ou

+ NPG < 5 e o alumno faltou a máis de 1 sesión do proxecto en grupo,

a nota final (NF) será o mínimo das notas obtidas no tres partes.

NF = min{ NFT, NFP, NPG }

3. Segunda oportunidade e convocatoria extraordinaria

Estas convocatorias constarán dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan no apartado 2. Terán o mesmo formato ca avaliación única e celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para a asignación do
traballo teórico e do proxecto o estudante debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

Aos estudantes que se presenten a unha convocatoria deste tipo conservaráselles a nota que obtivesen en convocatorias anteriores (avaliación continua ou única) nas partes ás que non se presenten. Ademais, neste caso os estudantes só poderán presentarse a aquelas probas que non superasen en convocatorias anteriores.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Outros

A materia impartirase en castelán e galego, e será avaliada en castelán.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000