Guia docente 2018_19
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño e síntese de sistemas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en problemas Aprendizaxe baseada en problemas.
Resolución de exercicios e problemas teóricos. A maioría deles centraranse no deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL.
O contido correspóndese cos temas de teoría.
Será necesario ensinar ao profesor o funcionamento de cada un dos modelos e circuítos.
Avaliarase a correcta aplicación dos conceptos teóricos aos problemas realizados, de acordo aos criterios de valoración.
Será necesario entregar a documentación solicitada polo profesor para cada un dos exercicios realizados.
50 B13
C62
Aprendizaxe baseado en problemas Ensino baseado en proxectos.
Traballo autónomo de deseño dun sistema dixital sintetizable de complexidade media en VHDL.
Será necesario entregar os ficheiros fonte do traballo realizado.
Avaliarase o funcionamento do sistema dixital realizado e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao deseño do sistema dixital, de acordo aos criterios de valoración.
40 B1
B9
B13
C62
D4
Presentación Será necesario realizar unha presentación oral de máximo 15 minutos sobre o traballo práctico autónomo realizado, segundo o índice fornecido polo profesor.
10 B1
B9
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota da materia será a suma das notas correspondentes ás distintas tarefas da materia.

A nota dos exercicios teóricos debe ser maior ou igual que 5 sobre 10 para poder aprobar a materia.

A nota do traballo práctico autónomo debe ser maior ou igual que 5 sobre 10 para poder aprobar a materia.

Todos os alumnos, tanto os que sigan a materia de forma continua como os que queiran optar pola avaliación única (primeira ou segunda oportunidade ou avaliación extraordinaria), deberán realizar as tarefas descritas no apartado anterior.

Os alumnos que non asistan a clase regularmente deberán realizar as mesmas tarefas que os alumnos asistentes a clase.

A cualificación final expresarase de forma numérica entre 0 e 10.

Ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:

avaliación continua e avaliación única.

AVALIACIÓN CONTINUA:

O feito de realizar 2 prácticas de laboratorio ou 2 boletíns de exercicios teóricos supón que o alumno opta pola avaliación

continua.

Os alumnos que opten por avaliación continua, pero non aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a

avaliación completa na evaluación única (segunda oportunidade).

Os alumnos que aproben a materia mediante avaliación continua non poderán repetir de novo na avaliación única ningunha

tarefa co obxectivo de subir a nota.

As distintas tarefas deben entregarse na data especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas para a

avaliación continua.

Os
alumnos realizarán os exercicios teóricos e as prácticas de laboratorio de
forma individual. Os traballos de laboratorio realizaranse en grupos de dous
alumnos durante a avaliación continua, mais evaluarase aos alumnos
individualmente, para o cal  pedirase aos alumnos na exposición oral que
indiquen qué parte do traballo realizaron cada ún.

Se se segue a materia de forma continua, pódese faltar como máximo a 2 sesións presenciais. Se se faltou a máis de 2

sesións, será obrigatorio realizar un traballo individual adicional ou un exame.

AVALIACIÓN ÚNICA (primera oportunidad, segunda oportunidad( E AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA (fin de carrera)

Os alumnos que opten pola avaliación única deberán realizar todas as tarefas teóricas e prácticas e os traballos

individualmente.

A entrega das tarefas para a avaliación única debe realizarse antes da data oficial do exame establecida polo centro.

En caso de superar os exercicios teóricos (ET) e o traballo autónomo (TA), é dicir, que a nota de cada parte >= 5, a

cualificación final (NF) será a suma ponderada das notas de cada parte da materia:

NF = 0’50 * ET + 0’40 * TA + 0’10 * PO

En caso de non superar as dúas probas (nota dalgunha proba < 5), a cualificación final (*NF) será:

NF = mínimo [4’5; (NF = 0’50 * ET + 0’40 * TA + 0’10 * PO) ]sendo:

ET = Nota conxunta dos exercicios e problemas teóricos.

TA = Traballo Autónomo práctico.

PO = Presentación Oral.

1) Exercicios e problemas teóricos.

Avaliarase cada un dos exercicios e problemas expostos nas sesións de teoría. Cada exercicio puntuarase sobre 10. Logo

ponderarase a súa influencia na nota total da materia en función do número de exercicios asignado.

Haberá oito boletíns de exercicios.

A maioría dos exercicios consistirán no deseño de modelos non sintetizables e circuítos sintetizables en VHDL.

2) Traballo práctico.Traballos de deseño dun sistema dixital sintetizable de complexidade media en VHDL.

Para o traballo práctico autónomo (TA), será necesario realizar unha presentación oral.

3) Presentación do traballo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000