Educational guide 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teledetección
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Probas de resposta curta:
Haberá catro probas, en datas informadas a principio do curso, liberatorias das materias dos temas anteriores
Nestas probas curtas avaliaranse as competencias CE65, CE66, CG3 e CG7
40 B3
B7
C65
C66
Prácticas de laboratorio Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Calibración de sensores": 5 %
2. "Termografía infravermella": 10 %

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE66, CT3, CG4 e CG9.
15 B4
B9
C66
D3
Prácticas en aulas informáticas Observación sistemática:
Durante as prácticas de laboratorio e informáticas, avaliarase a obtención de resultados e a demostración de comprender o procedemento para chegar a eles:
1. "Fundamentos de RADAR": 7 %
2. "Procesamento de imaxes": 13 %

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE65, CT2 e CG4.
20 B4
C65
D2
Traballo tutelado A realización dos traballos en grupos avaliarase en dúas partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.

Polo traballo en si recibirán un 15 % da nota final da materia. Cada un dos membros do grupo recibirá a mesma nota, xa que cada un deles é corresponsable do desenvolvemento.

Nestes traballos avaliaranse as competencias CE66, CG7 e CG9
15 B7
B9
C66
Presentación Presentacións dos traballos por parte dos grupos C.

Tras a presentación, os profesores/as preguntaranlles cuestións, individualmente, a cada un dos membros do grupo. A nota desta parte será individual, dependendo do coñecemento demostrado por cada membro do grupo, e representará un 7 % da nota total da materia.

Na presentación dos traballos avaliaranse as competencias CG9 e CT4
7 B9
D4
Prácticas autónomas a través de TIC Os alumnos/as presentaranlle ao profesor os resultados do seu traballo autónomo: "A Terra desde o aire/espazo": 3 %

Nestas prácticas avaliaranse as competencias CE65 e CG4.
3 B4
C65
Probas de resposta curta O exame de avaliación única, no caso de ter que facelo, constará de dez cuestións de resposta curta, con preguntas relacionadas coas clases de aula, de laboratorio e as presentacións dos traballos, e valerá polo 100 % da nota da materia. 0 B3
B4
B7
B9
C65
C66
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A lingua da materia é o inglés. As probas, informes e exames serán en inglés.

Os alumnos/as poden optar por avaliación continua ou por un exame final.

1.- As probas de avaliación continua permítenlle ao alumno/a obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1.1. Catro probas de resposta curta, cun 10 % da nota total cada unha (40 %).

1.2. Probas de observación sistémica nas prácticas de laboratorio e informáticas (35 %).

1.3. Avaliación dos traballos tutelados (15 %)

1.4. Presentación dos traballos (7 %)

1.5. Traballo autónomo (3 %)

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual.

Un alumno/a suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das catro probas de resposta curta. Un alumno/a que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que realice ou non o exame final.

Se un alumno/a, que se presenta á avaliación continua, opta por realizar o exame de avaliación única, a nota final da materia será a media de ambas.

2.- O exame de avaliación única consta de dez preguntas. Pode realizarse dúas veces, en primeira e segunda oportunidade. Os lugares a as datas publícanse na páxina web da Escola. Pode preguntarse calquera contido explicado nas clases de aula, laboratorio ou presentacións de proxectos. Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo procedemento ca na avaliación única.

Código ético

Os exames e os tests deben realizarse individualmente. Calquera infracción considerarase como unha falta de ética importante e seralles comunicada ás autoridades académicas.

Os profesores/as poderán decidir suspender un alumno/a se comete unha falta ética importante.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000