Aprendizaxe baseado en proxectos |
Realización en grupo, presentación e defensa da resolución dun problema característico do mundo real, aplicando tanto os coñecementos teóricos adquiridos como manexando, no seu caso, as ferramentas informáticas empregadas nas clases prácticas. |
20 |
|
|
C28 C31
|
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba parcial realizada sobre os dous primeiros temas, ó redor da oitava semana de clase. |
60 |
|
B5
|
C28 C31
|
|
Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación
alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única. A selección de avaliación continua implica realizar un test curto (15 minutos) non puntuable de coñecementos básicos, a realizar nas dúas primeras semanas de clase. A avaliación continua consistirá, ademais da realización do test curto non puntuable, no desenvolvemento
en grupo de dous proxectos, a resolución individual de dous conxuntos de problemas sobre os dous primeiros temas, e a realización dun
exame escrito ó termo
do cuadrimestre sobre o total de temas. Os proxetos haberán de ser presentados na última clase C, durante as cales levaránse a cabo senllas entrevistas persoais ós membros do grupo, dependendo a nota individual tanto da mesma como da presentación e memoria conxunta. A
cualificación dos proxectos e dos exercicios só fornece efectos
no curso en que se propoñan,
incluíndo a segunda oportunidade ó final do curso. En calquera
caso, a cualificación na materia por avaliación
continua (unha vez que se cumpra o requisito previo do principio do
parágrafo) virá dada por: ben nota = 0'2 x proxectos + máximo
(0'8 x exame, 0'2 x exercicios + 0'6 x exame) sempre que a cualificación do exame supere o 2'5, ben a nota do exame en caso contrario. A avaliación única (única opción en convocatoria extraordinaria) consistirá nun exame escrito sobre os
contidos da materia. A cualificación final da materia será,
neste caso, a nota obtida no exame. Este incluirá (avaliación única) unha cuestión ou varias sobre o uso das ferramentas informáticas presentadas no laboratorio, avaliando así unha capacitación mínima na competencia CE28/TEL2. Consideraranse
presentados á avaliación todos os alumnos que asistan ao exame final. Selecciónase o modo de avaliación continua ó entregar os dous proxectos. Quen non superen a materia na primeira
oportunidade ó final do cuadrimestre dispoñen dunha segunda
oportunidade ó final do curso, similar á primeira. |