Educational guide 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas electrónicos de procesado de sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Realizarase un exame de respostas curtas sobre os temas teóricos da materia.

No apartado «Outros comentarios» amplíase a información.

Mediante este exame avaliaranse as competencias CE39 e CE45.
20 C39
C45
Proxecto Realizaranse dous proxectos durante o curso. No primeiro, cada estudante deseñará un sistema de procesamento de sinal básico. A nota desta parte será do 35 % da nota total da materia. O segundo proxecto consistirá no deseño dun sistema de procesamento de sinal de complexidade media e a súa avaliación supoñerá un 35 % da nota final. No apartado "Outros comentarios" amplíase a información.

Mediante estes proxectos avaliaranse as competencias CG4, CG6, CG9, CG13, CE39, CE45, CT2 e CT4.
70 B4
B6
B9
B13
C39
C45
D2
D4
Práctica de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse de forma continua durante as propias horas de prácticas (horas tipo B).

Mediante estas prácticas avaliaranse as competencias CG4, CG6, CG13, CE39, CE45 e CT4.
10 B4
B6
B13
C39
C45
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofreceráselle ao alumnado que curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única.

1. Avaliación continua

A avaliación continua consiste nun exame teórico, un conxunto de prácticas de laboratorio  e a realización de dous traballos teórico-prácticos (proxectos).

O exame teórico incluirá os contidos de todos os temas teóricos da materia e realizarase ao final do cuadrimestre. A cualificación deste exame será de 2 puntos sobre 10.

As prácticas de laboratorio realizaranse prefereiblemente en grupos de dous/dúas estudantes e avaliaranse de forma continua durante as propias horas de prácticas (horas tipo B). A cualificación desta actividade será de 1 punto sobre 10. A nota será a mesma para todos os/as integrantes do grupo de prácticas.

O primeiro traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 1 ao 5. Consistirá no deseño dun sistema básico de procesamento de sinal. Este traballo realizarase en horas de laboratorio e de grupo pequeno (horas tipo B e C) en grupos de dous/dúas ou máis estudantes. Como resultado do traballo entregarase unha memoria e o sistema implementado. A cualificación desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10.

O segundo traballo teórico-práctico incluirá os contidos dos temas 6 e 7. Este traballo realizarase en horas de laboratorio e de grupo pequeno (horas tipo B e C) en grupos de dous/dúas ou máis estudantes.  Como resultado do traballo entregarase unha memoria, o sistema implentado e, posteriormente, farase unha presentación en horas de grupo C. O peso desta avaliación é de 3,5 puntos sobre 10 (3 corresponden á execución e documentación do proxecto e 0,5 punto á presentación).

En ambos os traballos teórico-prácticos aos alumnos/as asignaránselles tarefas individuais e conxuntas. As tarefas individuais terán unha cualificación do 60 % da nota do traballo e as conxuntas o 40%. A nota correspondente ao 40 % será a mesma para todos os/as integrantes do grupo.

A cualificación final da materia será a suma das catro avaliacións. Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións:

- Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global.

- Obter un mínimo do 40 % da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas.

No caso de que un alumno/a non obteña o mínimo do 40 % da nota máxima nalgunha das catro actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno/a está suspenso e a nota que figurará na acta será 4 puntos.

O alumnado que non supere algunha das avaliacións parciais terá a posibilidade de repetila na segunda oportunidade. Neste caso os alumnos/as serán avaliados só da(s) parte(s) que teña suspensa(s) (exame teórico, prácticas de laboratorio e/ou proxectos). A nota que obteña nesta convocatoria substituirá a anterior.

Enténdese que a alumna ou alumnno opta por avaliación continua se realiza as dúas primeiras prácticas de laboratorio e dende ese momento considérase que se presentou á convocatoria. En ningún caso a cualificación final dun alumno que opta por avaliación continua poderá ser de "Non presentado".

2. Avaliación única e convocatoria extraordinaria

Os alumnos/as que opten pola avaliación única ou se presenten á convocatoria extraordinaria deberán superar dous exames, un exame teórico de todos os temas da materia e un exame práctico. Cada un terá dúas horas de duración.

O exame teórico poderá incluír preguntas de resposta curta, problemas, e/ou exercicios de deseño de sistemas.

O exame práctico consistirá na proba final en hardware (utilizando unha placa de desenvolvemento de FPGAs) dun sistema que o alumno deberá deseñar e simular previamente de forma autónoma. Unha semana antes da data que se estableza para o exame o alumno/a deberá entregar unha memoria do traballo realizado e os resultados de simulación. Durante o exame práctico o alumno/a validará o sistema deseñado no hardware.

Tanto o exame teórico coma o práctico terán unha cualificación do 50 % da nota final. A cualificación final da materia será a suma das dúas avaliacións. 

Para aprobar a materia débense cumprir as seguintes condicións:

- Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global.

- Obter un mínimo do 40 % da nota máxima de cada unha das actividades avaliadas.

No caso de que un alumno/a non obteña o mínimo do 40 % da nota máxima nalgunha das dúas actividades avaliadas, pero si supere o mínimo de 5 puntos sobre 10 na avaliación global, considerase que o alumno/a está suspenso e a nota que figurará na acta será 4 puntos.

Os alumnos que opten pola avaliación única e non superen a materia terán outra posibilidade na segunda oportunidade. Neste caso só serán avaliados da(s) parte(s) que teña suspensa(s) (teoría e/ou práctica).

3. Outros comentarios

- Os exames realizaranse en castelán. O alumno poderá responder o exame, redactar os seus informes, traballos ou presentacións en castelán, galego ou inglés.

- As notas obtidas na avaliación continua ou na avaliación única só son válidas para o curso académico actual.

- Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fóra do alcance do alumno/a.

- No caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores/as comunicaranlle á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

-  No caso de detección de plaxio ou abandono dalgún membro dun equipo de traballo, a súa cualificación será "suspenso (0)" e non computará na cualificación do resto do grupo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000