Educational guide 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Máster Universitario en Enerxía e Sustentabilidade
 Materias
  Prácticas Externas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas externas O estudante desenvolve as actividades nun contexto relacionado co exercicio dunha profesión, durante un período determinado e realizando as funcións asignadas e previstas na proposta de prácticas.

Ao comezar o curso académico, o Coordinador/a de Prácticas Externas reunirase cos estudantes matriculados para explicarlles a normativa de aplicación e o procedemento a seguir.

Toda a documentación (Normativa, persoais de documentos, etc..) publicarase en FAITIC ao comezar o curso, e nesta plataforma irase recollendo a información para os estudantes ao longo do curso ( oferta de prácticas, asignación de prácticas, datos de contacto con titor en empresa, cualificacións, etc...)

Ao longo da estancia de prácticas, o titor/a académico/a realizará o adecuado seguimento do estudante ý estará á súa disposición para resolver calquera problema/incidencia na empresa ou dúbida sobre o procedemento, ben en tutorías presenciais no centro con cita previa, ben por correo electrónico.

A principios do mes de febreiro facilitarase aos estudantes matriculados a relación de prácticas ofertadas polas empresas. Cada alumno/a poderá seleccionar aquelas que sexan do seu interese, ás que se enviará os seus CV . Será a empresa a que decida finalmente a asignación da praza ou prazas ofertadas, podendo deixala deserta.

Si o 15 de abril de 2019 houbese algún estudante ao que non fose posible asignárselle unha praza de prácticas en empresa, o Coordinador/a de Prácticas Externas solicitará o cambio automático de matricula nesta materia á de S.A.D.E. Isto só será de aplicación si non foi admitido en ningunha das prácticas ofertadas.

Si é o estudante o que desexa realizar o cambio de matrícula, deberá solicitalo o mesmo nas datas fixadas pola Universidade de Vigo, que figuran na convocatoria de matrícula de cada curso académico.

Outros Traballo autónomo preparación proxectos/casos
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000