Os criterios de avaliación desta materia abarcará o coñecemento teórico e a competencia práctica sobre os contidos da materia. En particular, a avaliación da materia farase a través de probas de avaliación continua (incluíndo a resolución de casos prácticos, e cuestións das clases de teoría e das clases prácticas). A nota final de avaliación da materia será calculada de acordo á seguinte ponderación. - Probas de avaliación continua/casos prácticos: 40% - Proba de avaliación final: 60% As probas de avaliación continua consistirán en traballos que os alumnos prepararán (en grupo) de maneira non presencial e que terán que ser entregados nos prazos que sexan establecidos.
Será obrigatorio presentarse á proba final, e deberase sacar nela unha cualificación superior a 4 puntos (sobre 10) para poder superar a materia.
En relación á convocatoria de xullo, manteranse as cualificacións das “probas de avaliación continua” e “resolución de casos prácticos” e só se repetirá a “proba de avaliación final”.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento
ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizado, e outros) considérase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será
de suspenso (0.0).&*nbsp; |