A asistencia e participación activa nas actividades indicadas supón un 10% da nota final. O control realizarase mediante a recollida de firmas dos alumnos polo menos dúas veces en cada clase presencial. En función do tipo de erros conceptuais e/ou actitudinais identificados a través do proceso de avaliación, estableceranse , no seu caso, recomendacións e pautas de mellora específicas. No caso de que algún alumno suspenda, terá opción de desenvolver un segundo exame tipo test. A atención ao alumno realizarase durante as horas lectivas do curso, sempre que esta intervención non rompa o ritmo da clase. No caso de que sexa necesario un apoio diferente, establecerase un sistema de traballo, a través do correo electrónico, directo co alumno. En ocasións puntuais, realizarase un labor de titoría nos días previos ás datas de avaliación, preferiblemente no mesmo horario en que se desenvolve o resto do programa do máster. A corrección das probas de avaliación farase comentada, a fin de que constitúa ao tempo que unha avaliación, un mecanismo de retroalimentación no proceso de aprendizaxe. |