Outras |
Exposición e debate. O alumno deberá elaborar un traballo en grupo que deberá ser exposto en grupo. Este traballo terá como puntuación máxima 1 punto. |
10 |
|
|
|
|
Como regra xeral, enténdese que os alumnos optan polo sistema de avaliación continua. Respecto da nota da proba teórica de contidos é imprescindible que o alumno obteña un mínimo de 3 sobre 10 en cada unha das preguntas das partes do programa: dereito de familia e dereito de sucesións, e que a nota total da proba de contidos, que será a suma das notas de ambas partes, sexa como mínimo un 4 sobre 10 para poder compensar coa nota das prácticas que, necesariamente, debe ser como mínimo un 3 sobre 10. para poder usar este sistema o alumnado deberá acudir, polo menos, a un 80% das prácticas sen que poidan recuperarse as ausencias.
O alumno que non se acolla ao sistema de avaliación continua por deixala ou non poder asistir, poderá facer unha proba final na que se formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas incrementadas en dez máis respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un test sobre casos prácticos de 30 preguntas, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os que optan polo sistema de avaliación continua. Deberá obter, para compensar unha parte con outra, deberá obter polo menos un 3 sobre 10, no caso práctico e un 4 sobre 10 na proba de contidos. Desta forma, poderá obter o 100% da cualificación.
No mesmo curso gardaranse as notas de avaliación continua dunha convocatoria para outra.
Convocatoria Fin de Carreira:poderá facer unha proba final na que se formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas incrementadas en dez máis respecto daqueles que optasen pola avaliación continua e, ademais, un test sobre casos prácticos de 30 preguntas, cos mesmos porcentaxes xa indicadas para os que optan polo sistema de avaliación continua. Deberá obter, para compensar unha parte con outra, deberá obter polo menos un 3 sobre 10, no caso práctico e un 4 sobre 10 na proba de contidos. Desta forma, poderá obter o 100% da cualificación.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de evaluaión aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2018/19.
A bibliografía indicada ten un carácter meramente complementario das explicacións en clase.
Na Simultaneidad Grado Dereito Ade, o programa é o mesmo sendo a docente a profa. Martínez Hens.
|