Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a resolución de casos relacionados coa materia e as prácticas. Avaliaranse os diversos exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. Utilizaranse para medir o grao de coñecemento das materias. 10
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación do resultado final de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de pregunta/s sobreos contidos da materia. 70
Autoavaliación Avaliación do resultado de aprendizaxe mediante o desenvolvemento de probas obxetivas, cortas o tipo test, sobre os contidos da materia autocorrexidas o por os seus compañeiros coa finalidade de ser capaces de desenvolver criterios para a sua avaliación. 10
Outras Avaliación do resultado de aprendizaxe mediante o desenvolvemento e resultado de exposicións e debates sobre o contido da materia. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p> AVALIACIÓN.&nbsp;As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2018-2019.&nbsp;</p><p>Sempre será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de desenvolvemento de resposta/s
longa/s.&nbsp;
PRIMEIRA CONVOCATORIA:&nbsp;A avaliación continua supón un 30 % sobre o total da cualificación final e o exame suporá o 70 % restante. O exame consistirá nunha proba de desenvolvemento de pregunta/s sobre o contido da materia.&nbsp;Aqueles alumnos que, por circunstancias excepcionais persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial nalgunha/s da/s sesión/s é práctica/s no desenvolvemento do curso poderán, a xuízo do profesor, presentar un traballo acorde á/s práctica/s correspondente/s.&nbsp;Aqueles alumnos que non sigan durante o curso o sistema de avaliación continua ou que non o superaron terán dereito a un exame final que
implicará o desenvolvemento por escrito de pregunta/s longa/s do programa que suporá o 70% da nota&nbsp;&nbsp;(deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10), e &nbsp;a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante.
NA SEGUNDA CONVOCATORIA:&nbsp;a) A os alumnos que, superando a avaliación continua non alcanzasen un cinco no exame de preguntas de desenvolvemento na primeira convocatoria, conservaráselles a nota da evaluación continua e realizaráselles un exame
similar ao da primeira convocatoria.&nbsp;b) Os alumnos que non sigan no desenvolvemento do curso a avaliación continua ou que non a superaron, terán dereito a un exame final que constará de dous partes: unha teórica de pregunta/s de desenvolvemento sobre o
contido do programa que suporá o 70 % da nota &nbsp;(deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10)&nbsp;así como a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante.&nbsp;
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: A avaliación farase mediante&nbsp;un exame final que constará de dous partes: unha teórica, de pregunta/s de desenvolvemento sobre o contido do programa que suporá o 70 % da nota &nbsp;(deberán obter nesta parte polo menos un mínimo de 5 puntos sobre 10), e por outra banda a realización dun suposto práctico que suporá o 30% da cualificación restante.&nbsp;NOTA:No caso de superar a avaliación continua pero non aprobar a materia, conservarase para o seguinte curso académico a nota da avaliación continua obtida no ano anterior se se comunica ao profesor o seu desexo de conservarla. </p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000