Exame de preguntas de desenvolvemento |
Proba obxectiva dirixida a provocar a lembraza da aprendizaxe previa. Poderá consistir na realización dunha pregunta loga, de varias preguntas curtas ou nunha proba tipo test.
Para superar a materia será necesario acadar nesta proba un mínimo de 5 sobre 10.
|
70 |
A1 A3 A4 A5
|
|
|
|
<p> Primeira Convocatoria ordinaria. Sistema de avaliación continua. Os alumnos e alumnas que se acollan ao sistema de avaliación continua serán avaliados segundo os criterios sinalados anteriormente. Na proba final, o exame suporá o 70% da cualificación final, tendo que a acadar o estudante unha calificación mínima de 5 sobre 10, para que sexan tidas en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua. O exame consistirá no desenvolvemento de preguntas de resposta longa, de conformidade coas
indicacións que no seu momento se concretarán. As notas obtidas no proceso de avaliación continua conservaranse para a segunda oportunidade sempre que o estudante alcance a calificación mínima de 5 sobre 10.</p><p class="MsoNormal">-Sistema de exame final. Os alumnos e alumnas que non seguiron ou non superaron a avaliación continua terán dereito a un examen final
teórico e práctico no que se avaliarán as competencias globais da materia e constituirá o 100 % da cualificación da materia. O exame consistirá nunha parte teórica donde se farán preguntas de resposta longa; e na parte práctica se desenvolverá un caso práctico e se contestará a unha serie de preguntas relacionadas co mesmo.
2. Segunda oportunidade. Os estudantes que superando a avaliación continua non alcanzasen a cualificación mínima farán un exame similar ao da primeira convocatoria, e se lles conservarán as cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua. Os estudantes que non se acollesen a avaliación continua terán dereito a un exame final teórico e
práctico similar ao da primeira convocatoria, que constituirá o 100 da cualificación da materia.
3. Convocatoria fin de carreira. Para aqueles estudantes que se matriculen na convocatoria de fin de carreira, o exame consistirá nun exame sobre a materia obxecto do Programa da asignatura. As datas de exame de todas as convocatorias estarán fixadas e a disposición dos estudantes tanto na propia Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo como na súa páxina web. </p><p class="MsoNormal">Recoméndase para os estudantes que participen na avaliación continua que suban a súa ficha de estudante á plataforma TEMA. </p> |