O sistema de avaliación inclúe: I. Avaliación continua (ata 4 puntos), que se basa en: 1. Entrega das follas de exercicios e asistencia as clases prácticas (0,5 puntos). Sólo se aplicará aos alumnos que asistan a un mínimo do 80% das clases prácticas. 2. Desenvolvemento dun traballo en equipo e presentación (1,5 puntos). 3. Probas tipo test. Realizaranse 2 probas tipo test (2 puntos) II: Exame final (ata 6 puntos), que consta de dúas partes, unha de tipo test con preguntas teóricas e prácticas curtas, e outra con exercicios similares aos resoltos durante o curso.
CUALIFICACIÓN FINAL: A nota final resulta da suma das notas acadadas na avaliación continua e no exame final. Nembargantes, a puntuación do exame sómente será tida en conta cando o alumno obteña unha nota igual ou superior a 2,5 dos 6 puntos. En caso contrario a nota final será igual a puntuación obtida na avaliación continua. Pola súa banda, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a acadada na avaliación continua.
Para superar a materia o alumno deberá obter unha nota final (avaliación continua + exame) igual ou superior a 5 puntos.
A nota de avaliación continua manterase para tódalas convocatorias do curso.
O exame final realizarase nas datas sinaladas no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade e que poderá atoparse na páxina web da Facultade. |