Prácticas en aulas informáticas |
Sesións en Aula de Informática para o manexo de Servidores Estatísticos e Bases de Datos. Mediante estas sesións o alumnado adestrarase no manexo da información económica procedente deses servidores e recibirá as claves para a conseguinte elaboración de diversos Informes sucesivos.
Cada Informe consistirá en responder a unha ou varias preguntas mediante a análise de datos e a súa representación gráfica. Os datos conformarán unha Base de Datos específica para un conxunto de países que o alumnado irà construíndo conforme avance o curso.
|
Aprendizaxe colaborativa |
Durante unha sesión de Seminario, o alumnado se dividirán en grupos e deberán realizar un Informe colectivo arredor de unha pregunta común. Posteriormente deberán presentalo oralmente e responder ás cuestións que formulen outros estudantes ou o profesor. |