Lección maxistral |
Avaliarase a calidade dos exercicios propostos e subidos a Faitic
|
20 |
A2
|
B1 B2
|
|
|
Para a avaliación en primeira convocatoria considerarase inicialmente a avaliación continua, consistente en avaliar os resultados do alumno obtidos coa asistencia ás sesións maxistrais e ás prácticas, a participación nas mesmas e a elaboración de documentos que os docentes solicitarán nas mesmas. Avaliarase tamén os resultados do equipo do que se forme parte no xogo de empresa e a entrega dun plan de empresa tamén elaborado en equipo. Os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar na materia se explicitarán nas sesións correspondentes. A avaliación alternativa á continua consistirá nun exame teórico-práctico que poderá consistir en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test e na elaboración de modelos económico empresariais de carácter cuantitativo en folla de cálculo. A data dos exames poderase consultar na páxina web do centro. |