Traballo tutelado |
Os traballos tutelados fan referencia a tres ámbitos da docencia: (1) Análises e presentación de lecturas; (2) Simulacións dirixidas polo profesor; e (3) un Plan de Innovación.
O Plan de Innovación sigue un modelo proporcionado polo profesor e dispoñible en FAITIC. Serán criterios de avaliación destes Plans os seguintes:
PRESENTACIÓN FORMAL:
O índice estará o máis desagregado posible e indicará a páxina na que se atopa cada item.
Todas as cifras incluídas en texto, cadros, gráficos e figuras deberán explicitar a fonte.
As citas literais deberán ir entre aspas e acompañadas da fonte da que se extraen. Se non son literais, citarase só a fonte. A detección dun plaxio será castigada coa maior das sancións segundo os Estatutos da Universidade de Vigo.
As fontes -documentais, orais, informáticas...- deberán recollerse todas nun apartado final.
NIVEL E CALIDADE DA PROFUNDIZACIÓN TEMÁTICA
CAPACIDADE DE ANÁLISE
Estructuración e análise crítica da información
Orixinalidade e rigorosidade argumental
EXPOSICIÓN FINAL
Fluidez da presentación
Capacidade de convicción |
40 |
A2 A3 A4
|
B1 B2
|
C1 C3
|
D2
|
Outros |
Actitude proactiva a través da participación nas aulas teóricas e prácticas, lecturas complementarias ou exposicións. |
10 |
A4
|
B1 B2
|
|
D2
|
A avaliación contida nesta guía docente está dirixida a alumnas e alumnos de ensinanza presencial. Para aprobar a materia é necesario aprobar o test e o traballo de
maneira independente. É necesario obter un 50% da nota no traballo, por
tanto, así como un 50% da nota na proba tipo test. Estes son os mínimos para aprobar a materia. Por
outro lado, a puntuación pola participación e realización de todas as
tarefas definidas mantense nas convocatorias do curso académico e non se
gardará para cursos sucesivos. Calquera estudante que participe
no 15% das probas de avaliación do programa non poderá figurar nas
cualificacións finais como "non presentado". Calendario de exames dispoñible en: http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201718.html |