Guia docente 2018_19
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exame escrito (8 puntos). Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico do primeiros seis temas da materia e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.
A proba final constará de dous partes (a primeira corresponderase cos temas do un ao seis e, a segunda, cos restantes) cada unha das cales se valorará sobre 4 (o alumno debe obter como mínimo 1,5 puntos en cada parte, senón estará suspenso, sendo necesario obter 4 puntos ou mais para aprobar o exame e poder sumar esta nota á avaliación continua). A nota do exame obterase da media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte. Esta nota sumarase á avaliación continua (se se cumpren os requisitos anteriores) e apróbase cunha nota de 5 puntos ou mais.

O alumnado que supere o exame parcial, só terá que examinarse, na proba final, da segunda parte que se corresponde cos temas restantes. O estudante que non supere o exame parcial terá que examinarse de toda a materia na proba final.
80 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C16
D1
Resolución de problemas Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto.
20 B1
B2
B5
B6
B8
B10
B13
C2
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Os alumnos que acceden a cursar estudos de 1º GADE na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, Campus Vigo na Convocatoria de Setembro, poderán ser avaliados das materias do primeiro cuadrimestre mediante o sistema de avaliación continua ou mediante exame final que permita alcanzar a máxima puntuación. Prevalecerá, por tanto, a nota do exame como cualificación final, se esta fose  superior á que se obtería mediante o sistema de avaliación continua.
  • A cualificación do estudiantado que non se presenta ao exame será a que obtivese por avaliación continua.
  • Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos.
  • A nota obtida na avaliación continua (20% da nota final) poderase manter para todas as convocatorias do ano académico 2018/19.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000