Nesta materia exponse os principios biolóxicos que rexen o desenvolvemento dos organismos mariños. O curso profunda: 1) na bioloxía da reprodución e a bioloxía das larvas e embrións das especies animais mariñas. 2) nos mecanismos celulares xenerais que subxacen aos procesos de diferenciación e desenvolvemento. A docencia desta materia inclúe clases maxistrais e resolución de exercicios e outras actividades propostas polo profesorado. Nas clases maxistrais explicaranse os conceptos que se enuncian no temario da materia. Os exercicios e actividades permitirán resolver, debater e argumentar sobre cuestións de interese xeral e actual no campo da bioloxía do desenvolvemento.