Educational guide 2018_19
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Avaliación e Explotación de Recursos no Litoral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Os créditos dedicados á resolución de problemas faranse en tempo real-presencial, en paralelo coa clase conceptual. Seguirase para iso o modelo: concepto-exemplo-aplicación.
Titoría en grupo As titorías grupais serán presenciais ou virtuais en función da localización e necesidades do alumnado e temática abordada. Están destinadas a coordinar traballos interactivos, e efectuaranse baixo programación específica. As titorías individuais están dedicadas a orientar a alumno na aprendizaxe e serán discrecionais.
Estudo de casos Exporase con suficiente antelación unha situación de explotación dunha pesquería na que o alumno deberá avaliar a súa situación e propor medidas de xestión para a súa sustentabilidade.
Lección maxistral Os créditos presenciais que corresponden coas clases conceptuais, terán lugar mediante videoconferencia. Nelas exporase a materia con medios telemáticos (gráficos e sonoros).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000