Educational guide 2018_19
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Avaliación e Explotación de Recursos no Litoral
   Contidos
Tema Subtema
TEMA I. Antecedentes e conceptos: sistemas de avaliación e explotación dos recursos mariños vivos. Obxectivos, conceptos, técnicas de identificación de stocks, ciclo de vida, modelos de axuste recrutamento-stock, selectividade das artes, crecemento, mortalidade.
TEMA II. Ferramentas de avaliación dos recursos mariños vivos I. Asesoramento dun stock: fontes de información; censos e mostras; esforzo de pesca; estratexias de mostraxe.
TEMA III. Ferramentas de avaliación dos recursos mariños vivos II. Métodos indirectos. Modelos de produción. Modelos estruturais; análise de cohortes.
TEMA IV. Ferramentas de avaliación dos recursos mariños vivos III. Métodos directos. Tipos de campañas; prospeccións especie-específicas.
TEMA V. Ferramentas de xestión dos recursos mariños vivos. A xestión de pesquerías. Ordenación pesqueira; criterios e mecanismos de xestión pesqueira. Plans de recuperación. Organismos internacionais para a xestión da pesca.
TEMA VI. Bases xenéticas da xestión de recursos mariños Variación continua de caracteres de interese e métodos biométricos de avaliación de caracteres.
TEMA VII. Selección xenética inducida por pesca e domesticación. Manexo xenético de stocks; selección de stocks fundadores; tamaño xenético efectivo poboacional; mantemento de stocks para repoboación de pesquerías.
TEMA VIII. Ferramentas moleculares para a avaliación xenética de pesquerías. Tipos de marcadores moleculares: evolución e propiedades. Aplicación de marcadores á xestión de pesquerías.
TEMA IX. Avaliación xenética de pesquerías demersais. Avaliación xenética de pesqueirías demersais. Relación SSB - recrutamento e diversidade xenética. Criterios de xestión xenética de pesquerías en función do obxectivo: explotación, conservación ou sustentabilidade.
TEMA X. Avaliación xenética de pesquerías costeiras. Xestión xenética integral de pesquerías de moluscos. Procedemento para fundamentar un plan de xestión xenética de moluscos cultivados versus salvaxes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000