Guia docente 2018_19
Facultad de Biología
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Trazabilidade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Trataranse aspectos craves relativos á natureza e control de determinados riscos e defectos
alimentarios de orixe biolóxica
Resolución de problemas Mediante o desenvolvemento de sesións prácticas e/ou casos prácticos no Laboratorio, o alumno poderá resolver problemas que se lle expoñan, que lle permitirán adquirir o coñecemento teórico-práctico complementario sobre a aplicación de metodoloxías analíticas para o control de contaminantes de alimentos, podendo, se se considera oportuno, adquirir destrezas e habilidades para o desenvolvemento das citadas metodoloxías e a súa aplicación á detección e/ou determinación de microorganismos, parasitos e contaminantes químicos naturais e antropoxénicos en alimentos. Traballaranse tamén algúns conceptos teóricos necesarios para unha correcta comprensión e interpretación das técnicas analíticas empregadas. Especial atención dedicarase á aplicación de métodos oficiais de análises e á familiarización cos mecanismos establecidos na Lexislación Europea para asegurar a calidade e inocuidad do alimento.
Estudo de casos Os alumnos traballarán en grupos pequenos para resolver de forma razoada e crítica, unha serie
de cuestións e/ou situacións relacionadas con certos aspectos ou temas tratados durante as
sesións prácticas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000