Guia docente 2018_19
Facultad de Biología
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Aspectos Legais e Éticos en Biotecnoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións os profesores exporán oralmente e, se fose o caso, valéndose dos medios informáticos ao uso, a estrutura e os conceptos que fan significativo o tema obxecto do temario antes proposto. Esta exposición ordenada e xustificada do tema complementarase coa recomendación anticipada de lecturas que estimulen entre o alumnado o coñecemento dos aspectos elementais e problemáticos do tema, o coñecemento das diferentes propostas de solución, o seu tratamento lexislativo ou as súas implicacións éticas.
Estudo de casos Como metodoloxía paralela ás sesións maxistrais, emprégase a aprendizaxe baseada en problemas.
Os estudantes reciben e tentan resolver un suposto práctico no que resultan particularmente relevantes os aspectos éticos e legais da práctica da biotecnoloxía.
Seminario Os estudantes traballan e presentan un tema que pode, no seu caso, ser sometido a discusión co resto de compañeiros. Iso posibilita un estudo con maior profundidade e detalle, así como o desenvolvemento de habilidades de análises e interpretación de fontes normativas e bibliográficas e de habilidades argumentativas.
Outros
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000