Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Cada alumno deberá realizar ao longo do curso unha serie de traballos e actividades propostos por cada un dos docentes da materia. Os criterios de avaliación, así como o formato, modalidade e prazos de presentación serán establecidos en cada grupo por cada profesor responsábel no inicio do curso. A avaliación será, por tanto, continua, progresiva e sumativa. Tanto na 1ª como na 2ª convocatoria, cada profesor emitirá unha nota inidvidual sobre 10. Esta será ponderada en función do número de horas do docente e sumada á dos demais para obter a cualificación final do alumno. 100 B3
B4
B5
C2
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C13
C14
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ás sesións docentes é obrigatoria para todo o alumnado, que só poderá ausentarse nun máximo do 20% das mesmas por razóns documentalmente xustificadas. O alumnado que asista regularmente ás clases será avaliado durante o curso por medio dunha serie de traballos e actividades propostos por cada un dos/as docentes da materia. Os criterios de avaliación, así como o formato, modalidade e prazos de presentación serán establecidos en cada grupo por cada profesor/-a responsábel no inicio do curso. A avaliación será, por tanto, continua, progresiva e sumativa. Cada profesor/-a emitirá unha nota inidvidual sobre 10. Esta será ponderada en función do número de horas do/a docente e sumada á dos/as demais para obter a cualificación final do alumno/a

O alumnado que supere o 20% de inasistencia ás sesións docentes perderá o seu dereito á avaliación contínua descrita no parágrafo anterior e poderá realizar un exame final comprensivo nas datas que para os efectos sexan fixadas pola secretaría do mestrado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000