Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Unha recapitulación e comentario do impartido en cada sesión do curso publicado por cada alumno/a no seu blogue de traballo. 50 B1
B3
B5
B10
C7
C10
C14
Presentación Unha presentación sobre un aspecto relacionado co temario da materia durante as sesións presenciais do curso. 50 B1
B4
B6
B10
B13
B17
C3
C6
C8
C10
C12
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado será avaliado durante o curso (avaliación continua) por medio de: 1) Os comentarios publicados nos blogues de traballo de xeito regular durante o curso, 2) Unha presentación sobre un aspecto relacionado cos contidos do programa previamente acordado co profesorado da materia. Cada parte supón un 50% da cualificación final. 

O alumnado que supere o 20% de inasistencia ás sesións docentes perderá o seu dereito á avaliación contínua descrita no parágrafo anterior e poderá realizar un exame final comprensivo nas datas que para os efectos sexan fixadas pola secretaría do mestrado.

As entradas dos blogues terán que ser redactadas e publicadas conforme ao calendario que se fixe ao comezo do curso. Cada comentario entregado tarde contará como 0 a efectos do 50% da cualificación final que corresponde a "Traballos de aula".  As normas de redacción e tratamento de temas deses comentarios tamén serán fixadas ao comezo das sesións presenciais. No tocante as presentacións, estas terán lugar tamén durante as sesións presenciais do curso segundo nas datas fixadas polo profesorado da materia.

Haberá un exame final comprensivo de avaliación única para o alumnado que non poida asistir ás sesións de xeito regular por razóns documentalmente xustificadas. A data deste exame será fixada pola Secretaría do Mestrado e constará dunha parte teórica de demostración de coñecementos dos puntos do temario da materia e de unha parte práctica de aplicación dos contidos do curso a supostos reais da docencia de linguas estranxeiras en secundaria. Cada parte suporá un 50% da cualificación final e é preciso superar ambas para aprobar o curso.

O plaxio nun traballo ou presentación será cualificado cun 0.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, de presentacións e de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000