Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  Deseño Curricular e Organización de Centros Educativos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Calificaranse as actividades realizadas na aula para realizar unha retroalimentación positiva e mediante un exame de tipo test comprobarase a consolidación das aprendizaxes.

30 B1
B2
B7
B17
C13
C24
C27
C31
Aprendizaxe baseado en proxectos Cada alumno presentará a programación dunha unidade didáctica. Poderá elexir a temática e o curso de implementación. 70 B3
B4
B5
B6
B7
B10
C4
C9
C19
C20
C24
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación desta materia desenvólvese en varios niveis e
dimensións. Partindo do marco xeral das competencias, é dicir, das
capacidades, a avaliación tentará recoller e valorar aqueles aspectos
relacionados co alumnado respecto de: o campo dos coñecementos, o campo
dos procedementos, o campo actitudinal e campo relacional.
Entendemos que o equilibrio estará en que o alumnado sexa capaz de
dominar estas catro grandes dimensións que dalgunha forma contribuirá a
que se me for de maneira integral.
A avaliación está deseñada en función das seguintes características:
formativa, continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o
proceso de ensino-aprendizaxe.
A avaliación do proxecto terá dous aspectos: por unha banda a
xustificación teórica dos distintos elementos curriculares traballados e
por outro o seu deseño. Para avaliar o proxecto seguiranse as seguintes
normas:

1.- Utilización dos coñecementos dispoñibles nos
documentos traballados na aula para contrastar as propias ideas,
apoialas e fundamentalas.Comprensión das ideas básicas contidas nos
materiais utilizados e analizados.

2.- Expresar correctamente as ideas propias, argumentadas e demostrar capacidade de escoita e receptividade.


3.- Crítica razoada de posicións e feitos fundamentados con argumentos utilizando un vocabulario técnico propio da materia.

4.- Claridade expositiva, habilidades de comunicación, estrutura da presentación traballada na aula.

5.- Estrutura lóxica das ideas.
6.- Utilización e manexo das TIC.

7.- Adecuación e coherencia entre as actividades prácticas e os contidos teóricos.

8.-
Calidade das achegas e expresións de ideas innovadoras, contribucións
no traballo en grupo, compromiso nas diferentes tarefas.


9.- Formulación dos obxectivos didácticos, adecuación a idade, o tempo, etc.

10.- Selección do tema, secuenciación dos contidos o longo da unidade didáctica, adecuación a idade, o tempo, etc.


11.- Selección das actividades, creatividade na súa elaboración, adecuación a idade e a temporalización..


12.- Deseño innovador de recursos.

13.- Selección das
estratexias de avaliación: actividades de avaliación, tipos e técnicas
de avaliación, deseño de instrumentos, etc.

O seguimento dos
grupos de traballo convértese nunha ocasión privilexiada para
introducir, por parte da profesora, aspectos actitudinais (cooperación,
responsabilidade profesional, motivación polo traballo de mestre, etc.).
Do mesmo xeito, nalgunhas fases do proxecto pídeselle ao alumnado que
valoren o seu propio traballo ( autoevaluación) ou o traballo dos demais
compañeiros ( coevaluación) para facer unha retroalimentación do
proceso que permita resolver os erros na aprendizaxe o antes posible.

-
Este mestrado ten a modalidade de ensino presencial, polo tanto
aasistencia a clase e a realización do traballo para a avaliación
continua éobrigatoria. Esta asistencia debe ser, alomenos, do 80 %
estando admitidofaltar ao 20 % da presencialidade.

-
Os prazos das entregas das actividades, traballos, etc. serán
comunicadospolo profesorado na clase e/ou en Faitic e tamén é necesario
cumprilos para sercualificados na avaliación continua ou final.

-
O alumnado que non supere a materia por avaliación continua terá unha
proba de avaliación, ao redor dos contidos nucleares da materia, na data
marcada no calendario do máster para os exámenes oficiais. Cabe
resaltar que está proba estará composta dun trabajo (70%) e un examen
(30%), tendo que obtener alomenos o 50% da puntuación en cada unha para
realizar o cómputo. En caso de superar unha das probas da materia
(traballo ou exame) conservarase a súa calificación dentro do mesmo
curso académico, pero na Acta académica figurará como non superada e
colocarase a media resultante da puntuación global obtida (atendendo
previamente a súa espectiva ponderación).

Máis
información sobre o proceso de avaliación así como sobre o tipo de
exame, as orientacións para a realización do traballo, data de entrega,
etc. será facilitada baixo demanda do alumnado que precise, ao non poder
superar a materia por avaliación contiua.

Na web do mestrado poden consultarse as datas do exame oficial: http://mpe.uvigo.es/index.php?lang=es

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000