Guia docente 2018_19
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  A Formación Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Aplicouse o aprendido por medio de traballos en equipos, atendendo a:

Calidade e pertinencia dos contidos
Redacción dos traballos.
Presentación.
20 B4
B13
B16
B18
C4
D1
D2
D3
Traballos de aula Participouse na clase amosando interese, puntualidade, realizando cuestións en clase, cooperando cos compañeiros de equipo e demostrando motivación cara a profesión docente 10 B4
B13
B14
B16
B18
C4
D1
D2
D3
Presentación Leváronse a cabo exposicións orais de calidade dos traballos en equipo, atendendo a:

- Uso das TIC´s.
- Calidade da presentación.
- Exposición de tódolos apartados do traballo.
- Adaptación ao tempo dispoñible.

Será necesario obter un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para poder aprobar a materia.
40 B4
B14
C8
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Adquiríronse os contidos teóricos.
Esta proba incluirá preguntas tipo test e outras de resposta breve
30 B13
B14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS PARA ESTUDANTES QUE NON SUPERARON A AVALIACIÓN CONTINUA E DEBAN REALIZAR O EXAME DA 1ª CONVOCATORIA:

Estes/as estudantes deberán presentar os traballos obrigatorios non aprobados previamente na data indicada para a realización do Exame da 1ª convocatoria desta materia. Os profesores realizarán as preguntas oportunas trala exposición dos traballos coa fin de verificar se o/a alumno/a adquiriu as competencias mínimas requeridas. Non haberá unha proba escrita senón que o "exame" consistirá na exposición dos traballos e a resposta ás preguntas formuladas polos profesores.

En caso de non superar a materia nesta primeira convocatoria, os estudantes deberán ser avaliados conforme ao establecido para os/as alumnos/as non asistentes, tal e como se especifica a continuación:


CRITERIOS PARA ALUMNOS/AS NON ASISTENTES E PARA OS QUE SE PRESENTEN NA 2ª CONVOCATORIA:


Criterios de avaliación

Instrumento de avaliación

Criterios de cualificación

Adquiríronse os contidos teóricos

Será necesario optar un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para poder aprobar a materia

Proba obxectiva: preguntas con resposta breve

40%

Aplicouse o aprendido por medio de traballos individuais (mostraranse en faitic cunha semana de antelación ás datas de avaliación), atendendo a:

Calidade e pertinencia dos contidos

Redacción dos traballos.

Presentación co formato adecuado

Será necesario optar un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para poder aprobar a materia

Corrección por escrito de varios traballos

30%

Leváronse a cabo exposicións orais de calidade dos traballos, atendendo a:

Uso das TICs.

Calidade da presentación.

Exposición de tódolos apartados do traballo.

Adaptación ao tempo dispoñible.

Será necesario optar un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para poder aprobar a materia

Observación sistemática.

30%

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000