Realizanse dous exames parciais escritos, o primeiro es eliminatorio, e se
se aproba só se vai ao segundo de Xuño. Se se suspende o primeiro parcial,
vaise ao final de xuño cos dous parciais. O exame de Xuño consiste en dous
exames, un de cada parcial. O exame de Xullo e pola contra só 1 exame de toda a
materia. Se se suspende algún parcial suspéndese a materia en xuño e vaise ao
exame de Xullo con toda a materia. En todos os exames (primeiro parcial, segundo parcial e o exame de
Xullo) séguese o mesmo criterio, hai que superar en todos eles a nota de 4.5
para que poidan sumárselle á nota dos outros apartados avaliables na materia
(Seminarios, memoria final, debate...). Gárdanse as notas de prácticas e seminarios para o seguinte curso
2019/20 en caso de suspender a materia na segunda convocatoria. Un alumno figura como "non presentado" cando non se presenta
aos exames escritos de xuño e/ou xullo. Para superar a materia é necesario alcanzar polo menos un 4.5 nas probas
escritas (en cada un dos parciais de Marzo (1 exame) e xuño (2 exames, 1
por parcial), e no final de Xullo (1 exame con toda a materia)). O calendario de exames finais
pódese consultar na seguinte ligazón: http://bioloxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |