OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN
O estudantado ten dereito a dúas oportunidades de avaliación. As datas de entrega e defensa do traballo de fin de máster serán as establecidas de maneira oficial polo centro e notificaránselle ao alumnado con suficiente antelación a través de FAITIC. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ao tanto das datas de entrega e presentación do traballo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MÁSTER
Segundo os acordos tomados pola comisión académica do Máster en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo, as comisións de avaliación designadas para a avaliación dos traballos de fin de máster rexeranse polos seguintes criterios:
1. Co fin de guiar a planificación do traballo por parte do estudantado, fixaranse ao comezo do curso datas de entrega parcial de obrigado cumprimento.
2. Aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente informal e/ou que incumpran as normas ortográficas e gramaticais recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO.
- Avaliación continua e formativa a través da orientación da persoa titora e de seguimento da realización do traballo (30%). Neste 30% teranse en conta os seguintes aspectos:
- Respecto das convencións académicas establecidas (extensión, formato, introdución, conclusións, e citación axeitada da bibliografía relevante): 10%.
- Contido do traballo: 15%
- Modo de traballo, consultas coa persoa titora e actitud do estudantado cara ao TFM: 5%
- Evaluación global del proceso de aprendizaje y adquisición de competencias y conocimientos a través de la presentación y exposición del trabajo realizado (70%). En este 70% se tendrán en cuenta los siguientes aspectos:
- Respecto das convencións académicas establecidas (extensión, formato, introdución, conclusións, e citación axeitada da bibliografía relevante): 20%
- Contido do traballo: 35%
- Exposición pública*, en que o estudantado deberá presentar, durante un máximo de 10 minutos, os aspectos máis relevantes do seu traballo: 15%
*O desenvolvemento da sesión de exposición pública será o seguinte:
1. Presentación por parte do estudantado dos aspectos máis relevantes do seu traballo (10 minutos). Penalizarase o alumnado que supere o tempo máximo establecido. Por outra parte, a persona que presida a comisión interromperá a intervención cando se teña superado o tempo de exposición permitido co fin de non afectar o horario das intervencións do resto do alumnado.
2. Intervención da persoa voceira da comisión, en que se realizarán comentarios e preguntas sobre o traballo presentado (10 minutos).
3. Resposta do estudante á intervención da persoa voceira da comisión (5 minutos).