Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Novas Tecnoloxías e Tradución Multimedia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia e identificación da formación previa e das habilidades prácticas do alumnado.
Estudo de casos Presentación e discusión por parte do alumnado de actividades realizadas e coñecementos adquiridos. Discusión orientada polo persoal docente.
Foros de discusión Discusión por parte do alumnado dos contidos, dúbidas, suxestións, críticas, etc. xurdidas da lectura do diferentes material de consulta facilitados polos docentes da materia (guía docente, artigos, base de datos de programas, etc.). Discusión orientada polo persoal docente.
Prácticas en aulas informáticas Realización efectiva de diferentes proxectos básicos relacionados co ámbito da tradución multimedia (tradución audiovisual e localización, basicamente), previa identificación das diferentes tarefas do proceso tradutor e das ferramentas informáticas (hardware e/ou software) necesarias para poder levalas a cabo. Aqueles/as alumnas que non poidan asistir a ditas prácticas, poderán realizalas de maneira autónoma pola súa conta. Prácticas orientadas (in situ ou por vía telemática, segundo proceda) polo persoal docente.
Traballos de aula Resolución de actividades encargadas e orientadas polo persoal docente, encamiñadas a graduar a progresión do alumnado na adquisición dos coñecementos e destrezas relacionados coa materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000