Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Literatura medieval galego-portuguesa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo previo Para algúns temas o profesor indicará bibliografía específica que o alumnado deberá ter lida antes da exposición teórico-práctica dos mesmos na aula
Estudo de casos De xeito complementario e simultáneo coas sesións maxistrais, realizaranse estudos e comentarios de casos relacionados co aspecto teórico que se estea a explicar nese momento. OS ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS poderán recibir orientacións sobre estas explicacións nas titorías individuais (sexan presenciais ou remotas), indicaráselles a bibliografía que pode substituílas ou complementalas, e disporán en Faitic de material específico.
Traballo tutelado Realización de pequenos traballos sobre temas do programa, supervisados polo profesor.
Outros Lecturas, elaboración de pequenos ensaios, discusión en grupo etc.
Lección maxistral O profesor realizará na aula unha explicación teórica e práctica dos contidos da materia. OS ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS poderán recibir estas explicacións nas titorías individuais (sexan presenciais ou remotas), indicaráselles a bibliografía que pode substituílas ou complementalas, e disporán en Faitic de material específico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000