Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas. |
Actividades introdutorias |
Desenvólvense o primeiro día de aulas e, nelas, realízase un percorrido explicativo polos eixes sobre os que pivotará o curso. Entregarase un cronograma da materia.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL tamén pode asistir a esta sesión. En todo caso o docente faralles chegar o cronograma da materia. |