Resolución de problemas |
Actividade en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos da materia. Empregaranse como complemento da lección maxistral. Nalgunha ocasión pódense entregar anticipadamente para que o alumnado os poida preparar con certo adianto.
O ALUMNADO SEMIPRESENCIAL disporá na plataforma Faitic das prácticas, que deberá entregar no prazo que se marque. Despois, o profesor, en función da natureza do exercicio, devolveraas corrixidas, fornecerá un solucionario de autocomprobación ou fixará unha titoría para explicalas. |
Traballo tutelado |
Cada discente elaborará individualmente un traballo escrito sobre o punto 4 do temario seguindo as indicacións do profesor.
Todo o alumnado (presencial e SEMIPRESENCIAL) entregará unha copia en papel e subirá a versión definitiva do traballo á plataforma Faitic.
O segundo e o terceiro día de aulas dedicaranse a explicar a metodoloxía deste traballo. Por iso é moi recomendable para o ALUMNADO SEMIPRESENCIAL asistir polo menos a unha desas sesións (se alguén non puider ir a ningunha, deberá fixar unha titoría co docente). |