Como a materia consta de dúas partes (retórica e poética), impartidas por dous profesores, a nota final será a media aritmética das notas en cada unha das partes. É necesario, con todo, chegar ó aprobado en cada unha das partes como requisito para aprobar a materia. Se na primeira edición de actas se aproba unha das partes e non a outra, non é necesario volver avaliarse desa parte aprobada para a segunda edición de actas. AVALIACIÓN CONTINUA: A asistencia (80%) será requisito para a avaliación continua. A realización dunha proba final
escrita terá lugar, ao terminar o cuadrimestre, coincidindo coa data fixada
pola Facultade para a avaliación única. Convocatoria de xullo: en data
oficial fixada pola Facultade. AVALIACIÓN ÚNICA: Convocatoria de maio: a proba final terá lugar, ao terminar o cuadrimestre, na data fixada pola Facultade para a súa
realización. Convocatoria de xullo: en data oficial fixada pola Facultade. ALUMNADO SEMIPRESENCIAL: O alumnado semipresencial pode ser avaliado, se así o desexa,
exclusivamente sobre a proba final de cada unha das dúas partes da materia. Convocatoria de maio: a realización dunha proba final escrita terá lugar, ao terminar o
cuadrimestre, coincidindo coa data fixada pola Facultade para a avaliación
única. O profesorado pode indicar que é necesaria a presentación dalgún traballo como requisito previo para se presentar ó exame. Convocatoria de xullo: en data oficial fixada pola Facultade. Igualmente, o profesorado pode indicar que é necesaria a presentación dalgún traballo como requisito previo para se presentar ó exame. |