O alumnado de intercambio debe posuír un nivel B2 de galego, portugués ou español.
Recoméndase cursar as materias do módulo de Lingua galega de 3º e 4º.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesta proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
O alumnado presencial terá facilidades para a conciliación e poderán contemplarse excepcións na avaliación continua e nas porcentaxes de asistencia a aulas.
O alumnado semipresencial terá facilidades para a consecución do material, ben sexa a través da plataforma faitic ben sexa acordando datas de xuntanza co profesor. Isto último é de aplicación para as cuestións que demanden atención personalizada. Os exames escritos ou orais serán sempre presenciais para este alumnado.
É recomendable o uso periódico da biblioteca para consulta do material fornecido na bibliografía da materia e nas clases.
O alumnado é responsable de consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e de coñecer as datas nas que terán lugar as probas de avaliación. |