Traballos de aula |
Cualificarase o resultado final do traballo na aula: a seriedade e compromiso coa propia aprendizaxe dos contidos que se avalían e a capacidade crítica. A redacción é un contido implícito desta materia, e, polo tanto, será tamén avaliada.
|
10 |
A1 A2
|
B7
|
C6 C7
|
D2
|
A avaliación será continua, o que implica asistencia mínima ao 80% das clases, participación na aula e elaboración de traballos de índole diversa. Ao final do curso haberá un examen presencial, que será diferente para o alumnado de avaliación continua e para o alumnado que elixa ou teña que realizar obrigatoriamente a proba única. Isto é válido para o alumnado semipresencial. Se decide non asistir a clase ou non realizar ás distintas probas deseñadas para a avliación continuada, o alumnado será avaliado mediante proba única. Se a alumna/o prevé a imposibilidade de asistencia ás clases, deberá comunicarllo e xustificarllo á profesora. Nos casos de renuncia á avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, que se celebrará ao final do cuadrimestre na data oficial. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e lecturas do programa. A mesma estrutura terá a proba na segunda edición (xullo). A redacción é un contido máis da materia, e como tal será avaliada. |