Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma No primeiro sistema de avaliación continua, realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional, sobre os cales se establecerá o 50% da nota global.
No segundo sistema de avaliación continua, realización de catro encargas de tradución que reproducen as características do labor profesional, establecéndose sobre cada unha delas un 25% da nota global.
50 A2
A5
C3
C5
C8
C17
C22
C26
D8
D9
D15
Resolución de problemas No primeiro sistema de avaliación continua, realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a esas actividades, sobre a cal se establecerá o 50% da nota global. 50 A1
A3
A4
C1
C4
C12
C21
C33
D7
D12
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación continua. 

O primeiro sistema de avaliación continua, destinado ás persoas que asistan a un mínimo do 80% das clases, baséase na realización de dous traballos de tradución e unha proba final relativa ás actividades desenvolvidas nas clases. Os dous traballos de tradución, que terán lugar respectivamente nas semanas do 18 de febreiro de 2019 e do 18 de marzo de 2019, proporcionan un 50% da nota global. Por outra banda, a proba final relativa ás actividades desenvolvidas nas clases representa o 50% da nota global. A devandita proba final, que terá lugar na semana do 29 de abril de 2019, consistirá en exercicios de tradución sobre textos abordados nas clases, sen posibilidade de utilizar, por tal motivo, material auxiliar de ningún tipo. 

O segundo sistema de avaliación continua, destinado ás persoas que non asistan a un mínimo do 80% das clases, baséase na realización de catro encargas de tradución a partir de textos seleccionados polo docente. Cada encarga de tradución representa un 25% da nota global. As catro encargas de tradución terán como prazo limite de entrega as seguintes datas: a primeira encarga de tradución, o 18 de febreiro de 2019; a segunda encarga de tradución, o 18 de marzo de 2019; a terceira e a cuarta encargas de tradución, o 29 de abril de 2019.

Con independencia dos dous sistemas de avaliación continua descritos, establécese un sistema de avaliación única destinado ao alumnado que non se acolla a ningún sistema de avaliación continua para a convocatoria de maio (primeira edición de actas) e destinado a todo o alumnado para a convocatoria de xullo (segunda edición de actas), consistente nun exame con exercicios de tradución relativos aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato papel. As datas do devandito exame da convocatoria de maio e da convocatoria de xullo serán fixadas no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. 

No caso de que se obteña a cualificación de suspenso na convocatoria de maio en calquera dos dous sistemas de avaliación continua e no sistema de avaliación única, haberá que recuperar a totalidade da materia na convocatoria de xullo. 

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e a calidade do contido das respostas, senón tamén a corrección lingüística. 

O alumnado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada. 

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000