Teoría e práctica da tradución científico-técnica na combinación lingüística alemán–español (tradución directa). É obxectivo fundamental da presente asignatura a capacitación do alumno para traducir con fidelidade comunicativa e correción expresiva textos especializados dos campos das Matemáticas, das Ciencias Naturais e da Técnica do alemán ao castellano, recoñecendo as características básicas dos diferentes xéneros textuais e linguas especializadas.