Guia docente 2018_19
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Haberá unha encomenda de tradución/revisión que simulará un problema para o que os alumnos deberán propoñer unha solución. O traballo entregarase na semana 16. 30
Traballo Haberá dúas encomendas de tradución/revisión que contarán un 20% da nota cada unha. A primeira haberá que entregala na semana 7 e a segunda na semana 10. 40 A3
A4
A5
C3
C4
C5
C8
C9
C11
C14
C17
C18
C22
C24
C26
C27
D2
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D22
D23
Proxecto Haberá unha encomenda de tradución/revisión en forma de proxecto que se entregará na semana 14. 30
Cartafol/dossier O alumnado deberá subir o traballo de aula a Faitic seguindo as indicacións da profesora. Este cartafol de aula será obrigatorio para a avaliación continua e considerarase para axustar a nota final e resolver as asignacións de Matrícula de Honra en caso pertinente.
0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. De preferir o sistema de avaliación única, o alumnado deberá indicalo por escrito á docente nas dúas primeiras semanas de curso. En caso contrario, a avaliación realizarase seguindo os parámetros e requirimentos de avaliación continua, arriba indicados.

Avaliación continua

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso poderá presentarse á materia na segunda convocatoria de actas en xullo de 2019, na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade.

Avaliación única
Primeira edición de actas (xaneiro de 2019)

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas
encomendas, que terá que realizar seguindo as instrucións sobre a realización e o seu prazo de entrega indicadas pola docente.


O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse, para buscar as alternativas correspondentes.


Segunda edición de actas (xullo de 2019)

O alumnado será avaliado da tradución de textos científicos e técnicos e deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente deberá realizar dúas encomendas, que terá que realizar seguindo as instrucións sobre a realización e o seu prazo de entrega indicadas pola docente.


O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse para buscar as alternativas correspondentes.


Outros comentarios

Presencialidade
Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás

clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias á docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.


Corrección lingüística
A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.


Teledocencia
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000