É responsabilidade do alumnado consulta-los materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Faitic, así como informarse sobre as datas nas que teñen lugar as probas de avaliación). Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado e da presentación. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Data de entrega dos traballos tutelados:30 de abril. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300
palabras; entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o
formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das
fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en
internet. A data do exame será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.
Avaliación única (convocatorias de maio e xullo) O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas establecidas pola FFT (maio e xullo). O exame final poderá incluír cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300
palabras; entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en internet. Penalizarase a copia e o plaxio. En caso de suspenso na primeira oportunidade (maio) o alumnado poderá acollerse á modalidade de avaliación única de xullo. |