O alumnado poderá acollerse a avaliación continua ou única (sendo a primeira a máis recomendable). Aquel alumno que opte pola única deberá informar por escrito á profesora nas dúas primeiras semanas de clase. Para acollerse á avaliación continua é preciso realizar todos os exercicios, encomendas e probas contemplados no curso. As datas de entrega de traballos e a proba final serán consensuados co alumnado, tentando favorecer o encaixe con datas de entrega/exame doutras materias. No caso de avaliación única, a avaliación
consistirá nunha única proba presencial sobre todos os contidos da materia na última sesión da materia. Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación será idéntica á avaliación única e a data do exame estará fixada no calendario oficial do centro. * PARA UN ÓPTIMO SEGUIMENTO DA MATERIA O ALUMNADO DEBERÁ CONSULTAR CONTIDOS, PRAZOS DE ENTREGA, DATAS DE EXAME, ETC. EN FAITIC. * POR CADA FALTA DE ORTOGRAFÍA PODERÁNSE DESCONTAR ATA DOUS PUNTOS. * Esta materia non é recomendable para alumnado de intercambio (Erasmus/Isep...).
|