Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución editorial idioma 1: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación
Lección maxistral As 7 horas de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución editorial no Estado español e en Galicia e a explicar o proceso tradutivo. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativa e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas de forma autónoma Neste apartado de 25 horas, realizaranse exercicios de tradución que tentarán reproducir situacións reais, resolución de problemas (dificultades de tradución) e todo tipo de exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Traballo tutelado O alumnado deberá realizar un traballo sobre algún dos aspectos presentados nas clases maxistrais, que será tutelado pola docente. Durante as dúas horas presenciais dedicadas a este apartado, a docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo.
Presentación Durante as 4 horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará de xeito individual os resultados do seu traballo na clase.
Prácticas autónomas a través de TIC Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumno realizará encargas de tradución editorial e coñecerá as bases de datos e fontes de documentación necesarias para acadar un traballo de tradución de calidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000