Esta materia de tradución 100% directa permitiralle ao alumnado unha primeira aproximación á teoría e práctica da tradución editorial. O alumno será capaz de identificar as características dos textos literarios, de defender as súas propostas de tradución, manexar as estratexias de trasvase e fontes de documentación necesarias.