**PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA.
-------------------------------------------
PRIMEiRA EDICIÓN DE ACTAS: Esta materia é presencial e a súa avaliación continua (as probas e porcentaxes de avaliación son os arriba indicados). Porén, se algún alumno/a, por motivos xustificados, non pode seguir este sistema de avaliación,deberá presentar nas dúas primeira semanas seguintes ao día en que se inicien as clases xustificante especificando este particular. Nese caso, para ser avaliado na primeira edición de actas deberá ir á avaliación única na data consensuada co alumnado de avaliación continua (normalmente a última ou penúltima semana de docencia). A proba consistirá en: un exame teórico (30%) e a entrega dun traballo de subtitulado (35%) e outro de dobraxe (35%). Para superar a materia cómpre aprobar as tres partes. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): O/A alumno/a que siga o sistema de avaliación continua e non acade a nota mínima presentarase en xullo ás partes non superadas na data indicada no elcalendario de exames. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo. Os/as alumnos/as que sigan a avaliación única e non superen a materia na primeira edición de actas presentaranse á proba fixada no calendario de exames, que terá as mesmas partes e condicións que o exame de avaliación única de maio. Todas as probas se realizarán na lingua termo da combinación da materia. Con respeto á avaliación de traballos e proxectos, se se detecta que istos (ou algunha das súas partes) son plaxios, a cualificación dos mesmos será 0. É responsabilidade do/da alumno/a consultar os materiais e novidades a través da plataforma de teledocencia FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. **Esta materia NON se recomenda para ALUMNADO ERASMUS. |