Guia docente 2018_19
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución científica-técnica idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en problemas Haberá una encomenda de tradución/revisión que simulará un problema para o que os alumnos deberán propoñer unha solución. O traballo entregarase na semana 16. 20 A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C27
D4
D6
D9
D15
D16
D18
Traballo Haberá dúas encomendas de tradución/revisión: unha de tradución directa, que contará un 20% da nota da materia e o alumnado terá que entregar na semana 7, e outra de tradución inversa, que contará un 20% da nota e que o alumnado terá que entregar na semana 10. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C17
C22
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D18
Proxecto Haberá unha encomenda de tradución/revisión en forma de proxecto que se entregará na semana 14. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C4
C5
C8
C17
C22
C23
C26
C27
D4
D6
D7
D9
D15
D16
D18
Cartafol/dossier O alumnado deberá subir o traballo de aula a Faitic seguindo as indicacións da profesora. Este cartafol de aula será obrigatorio para a avaliación continua e considerarase para axustar a nota final e resolver as asignacións de Matrícula de Honra en caso pertinente. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado pode acollerse ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación única. De preferir o sistema de avaliación única, o alumnado deberá indicalo por escrito á docente nas dúas primeiras semanas de curso. En caso contrario, a avaliación realizarase seguindo os parámetros e requirimentos de avaliación continua, arriba indicados.

Avaliación continua

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso poderá presentarse á materia na segunda convocatoria  de actas en xullo de 2019, na data establecida polo calendario oficial de exames da Facultade. De ser o caso, a nota do módulo (tradución directa ou tradución inversa) aprobado en avaliación continua na primeira convocatoria conservarase unicamente ata a segunda convocatoria de actas de xullo de 2019.

Avaliación única

Primeira edición de actas (xaneiro de 2019)

A parte de tradución fr>es suporá o 60% da nota final e a parte de tradución es>fr suporá o outro 40% da nota final.

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas encomendas, unha de tradución fr>es e outra de tradución es>fr, que terá que realizar nunhas condicións e prazo determinados. A docente comunicaralle ao alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega.

O alumnado de avaliación única que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado de avaliación única que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse, para buscar as alternativas correspondentes.

A nota do módulo aprobado na primeira edición das actas en xaneiro de 2018 conservarase ata a convocatoria da segunda edición de actas de xullo de 2018.

Segunda edición de actas (xullo de 2018)

A parte de tradución fr>es suporá o 60% da nota final e a parte de tradución es>fr suporá outro 40% da nota final.

O alumnado deberá presentarse na aula na data oficial de exame fixada pola FFT. Nesa ocasión, o alumnado que se presente recibirá dúas encomendas, unha de tradución fr>es e outra de tradución es>fr, que terá que realizar nun prazo determinado. A docente comunicaralle ó alumnado as instrucións sobre a realización das encomendas e o seu prazo de entrega.

O alumnado que non se presente o día da convocatoria oficial será cualificado con Non presentado. O alumnado que por razóns xustificadas non poida presentarse no día do exame poderá comunicarlle á docente a súa intención de presentarse para buscar as alternativas correspondentes.

Outros comentarios

Presencialidade

Enténdese que o alumnado que se acolle ó sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado deberá, en todo caso, entregar os traballos requiridos na forma e prazo indicados pola docente.

O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero por razóns xustificadas non poida asistir ás clases presenciais deberá comunicarlle estas circunstancias á docente, para buscar as alternativas correspondentes.

Plaxio

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000