Práctica de laboratorio |
Consistirá nunha proba final de interpretación simultánea de francés a galego.
Para cualificar esta proba valoraranse os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos.
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica. |
85 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C2 C6 C9 C13 C17
|
D4 D7 D13 D23
|
Os estudantes serán avaliados a través dunha proba
consistente na interpretación simultánea dun discurso na combinación FR>GL.
Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONTINUA:
A proba terá lugar na última semana do calendario lectivo.
A porcentaxe da nota do exame é do 85% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.
Será imprescindíbel obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba de
interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se
sumará a puntuación acadada nos outros apartados.
ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA:
A proba terá lugar no día indicado no calendario de exames aprobado no
decanato.
A porcentaxe da nota do exame é do 100% para os estudantes que se acolleren a
este sistema de avaliación.
EXAME DE XULLO
O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no
calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se
aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 15%
correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá
unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria.
|