Práctica de laboratorio |
Realización dunha proba de tradución á vista e interpretación simultánea en>gl. Para cualificar esta proba valorarase os seguintes elementos:
1. Técnica: capacidade de escoita activa e análise; toma de decisións a respecto
da información principal necesaria (estratexia mínima, principio de
simplificación); estruturación (ordenar os bloques coherentemente e uso de
nexos); resolución de problemas.
2. Contidos: corrección e adecuación dos contidos
3. Produción: rexistro, fluidez, prosodia, seguridade, ritmo/compás, articulación.
4. Expresión: corrección lingüística e adecuación léxica. |
90 |
|
|
|
|
O alumnado será avaliado a través dunha proba consistente na tradución á vista e interpretación simultánea dun discurso dun tema coñecido na combinación en>gl (imprescindíbel para aprobar é a parte de tradución á vista, mentres que a parte de interpretación simultánea serve para subir nota). A proba terá lugar na data estabelecida no calendario oficial publicado polo Decanato. Os criterios de avaliación serán os descritos no apartado anterior. A porcentaxe da nota do exame é do 90% para as/os estudantes que se acolleren á avaliación continua e do 100% para as/os demais. Para poderen optar á avaliación continua, as/os estudantes deberán asistir a un 80% das sesións. Alén diso, será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba de tradución á vista e interpretación simultánea para aprobar a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros apartados. O exame da convocatoria extraordinaria de xullo celebrarase o día marcado no calendario oficial. Empregaranse os mesmos criterios de avaliación que se aplican á proba realizada na convocatoria ordinaria. Non se terá en conta o 10% correspondente á avaliación continua e a cualificación de xullo corresponderá unicamente ao resultado do exame realizado nesta convocatoria. |