Traballos de aula |
O alumnado deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución
dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto ao docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase como nas horas de titorías.
Na atención personalizada, o docente axudará as/os estudantes a reflectiren sobre as causas dos
problemas de aprendizaxe e a deseñaren un plan de traballo encamiñado á consecución dos
obxectivos da materia.
Non se descarta que o alumnado teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da
referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos
mínimos da materia. |
|