Traballos de aula |
Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da
interpretación simultánea. Familiarizarase os estudantes cos equipos de interpretación
tanto para o seu manexo individual coma para o traballo por parella.
Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a IS así como exercicios
prácticos de IS directa, inversa e bilateral, en varias áreas temáticas e repreduciendo os distintos
supostos de traballo.
Así mesmo, desenvolveranse tarefas de preparación individual e conxunta dos exercicios prácticos
-análise de vocabulario relevante, lectura rápida, tradución a vista con ou sen preparación, etc.
Cada exercicio realizado en cabina será gravado para a súa posterior escoita, corrección e análise
crítico na aula e na casa. |
Titoría en grupo |
Recoñecemento de fenómenos relevantes. Identificación e localización de problemas de lingua, de referencias culturais e sociais, gramática de contraste, e tradución.
Busca de solucións: tácticas e estratexias de traballo adaptadas a necesidades e capacidades dos estudantes. |
Lección maxistral |
Explicación de contidos teóricos da materia que se impartirán de forma transversal nas
sesións prácticas de traballo nos laboratorios de interpretación. A explicación do profesor se
complementará coas lecturas correspondentes
|