As clases de tradución non son clases de idiomas; o estudante ha de procurar alcanzar, pois, pola súa conta os coñecementos de alemán e español necesarios e adecuados á materia. Non se admiten faltas de ortografía - entre as que se contan os erros de acentuación -, anacolutos nin faltas de concordancia sintáctico-morfolóxicas. Os estudantes de intercambio Erasmus realizarán a principio de curso unha proba de nivel; corrixida esta, faráselles a recomendación correspondente. En ocasións constatouse unha diferenza significativa entre o rendemento en clase, a calidade dos encargos de tradución ou o resultado nos exames. En casos como estes, o docente se reserva a potestade de realizar calquera comprobacións que conveñan para determinar o grao real de coñecementos e capacidade do estudante.
O exame, tanto para a avaliación continua como única, realizarase na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT. A avaliación será continua máis un exame ao final do cuadrimestre. Se algún estudante non pode, por forza maior, participar na avaliación continua poderá presentarse a un único exame ao final do cuadrimestre e na data sinalada. A aqueles estudantes que opten pola avaliación continua respectaráselles as cualificacións parciais, isto é, aquelas que non son resultado do exame final.
O exame consta da tradución de dous textos; nun caso poderanse utilizar recursos informáticos, no outro, non, só obras de consulta en papel. Para aprobar o exame é necesario aprobar ambas as partes do mesmo. En canto ás competencias que se avalían estas xiran ao redor da capacidade de comprender un texto en alemán e de traducilo correctamente ao español, entendendo por correctamente que o texto en español recolla de forma gramatical e lexicalmente correcta o contido do orixinal.
Non está permitido plaxiar nin copiar. |